Coa instalación da carpa a carón do Lid’l e do bar, a comisión de festas de Veigamuíños (O Barco de Valdeorras) ultima os preparativos para as festas de Santo Tirso que comezan esta noite.
Na tardiña deste venres día 24 de xaneiro haberá unha oferta especial no bar da festa con cañas a 1 euro e actuación de Dj Argü; e en torno ás 21 horas comezará a II Cea Popular cun menú formado por chourizo cocido, panceta e lombo á grella, pan, bica, viño, auga e licor café. Entre os asistentes sortearase un xamón e lotes de viño. Trala cea, en torno á medianoite, haberá baile cunha discomóbil e xa de madrugada, entre as 2 e a 4:30 horas, pinchará por primeira vez en Valdeorras Dj Charlie. De 4:30 a 6 horas volverá a música coa discomóbil.
Mañá, sábado 25 de xaneiro ás 12 horas será a procesión e misa, seguida dunha sesión vermú longa con Dj Argü e un grupo de gaiteiros. Ás 16:30 horas haberá xogos populares para os nenos, colchonetas e chocolate na carpa; e pola tarde e noite chegará outro dos momentos estelares da festa coa orquestra Cuarta Calle. A sesión musical da madrugada correrá por conta de Dj Isra.
E xa o domingo, 26 de xaneiro, haberá sesión vermú e tarde a cargo do grupo La Tremenda.
Fotos: O SIL.