
O Verán Cultural de Ourense segue coas súas actividades. Esta semana terán lugar dúas actuacións de teatro xestual na terraza do Auditorio.
O xoves, 6 de agosto, ás 20:30 horas, será “Só” de Xampatito Pato o que chegue á terraza do Auditorio, e o venres, á mesma hora, será o turno de “A la fresca” de Anna Confetti.
Todas as actividades enmarcadas no Verán Cultural son gratuítas e dirixidas a todos os públicos. Así, dende a organización recomendan acudir con antelación.