DeportesGalerías de fotosÚltima hora

O Verín C.F. ratifica o seu liderado en solitario trala vitoria ante o Bande

Co 3-1 remataba o partido da xornada 9 en primeira Galicia disputado no campo José Arjiz

 

A piques de cumprir 50 anos (celebrarán o aniversario no 2021), o Verín C.F. é un dos clubs históricos da provincia de Ourense que nesta tempada comezaba unha nova etapa. Nova xunta rectora, novo adestrador e unha enerxías renovadas que están devolvendo a ilusión ao club.

Despois dunha mala racha, e ante a posibilidade de que o club chegase a desaparecer, alá polo mes de xullo reuníanse un grupo de persoas vencelladas ao club verinés, decididas a facerse cargo do equipo. Presidida por José Manuel Zubiela, presidente ata hai dúas tempadas, forman parte da xunta xente tan coñecida como o deputado e tamén ex presidente da entidade Juan Carlos Francisco, ou o actual concelleiro de Deportes de Verín José Luis Martín.

 

Once titular do Verín no partido contra o Bande.

 

Comezaba así unha nova etapa no club vermello, con nova captación de socios e patrocinadores, venda de bufandas e outros artigos de merchandising,… Tamén houbo cambio no corpo técnico, con Manel Vázquez á fronte dun renovado plantel; e no sistema de xogo que levou ao equipo que milita en primeira Galicia ata o máis alto da clasificación.

 

O adestrador do Verín C.F. Manel Vázquez.

 

Oito vitorias e un único empate en nove xornadas, ratifican o bo estado de forma do conxunto verinés que é máis líder que nunca (en solitario e a 8 puntos do segundo clasificado) trala última vitoria en casa, no campo José Arjiz, por 3-1 ante outro dos favoritos, a S.D. Bande.

 

Membros da directiva do club verinés.

 

O arranque verinense na tarde do 3 de novembro foi coma un ciclón, pero non sería ata o minuto 36 cando Víctor Gallego adiantaba aos locais poñendo o 1-0 no marcador. Rozando xa o descanso Asier Seijas marcaba o gol do empate para o Bande. Xa na segunda metade do encontro, correspondente á xornada 9, Camba, unha das fichaxes desta tempada poñía o 2-1 (minuto 66), sendo outro dos reforzos do plantel, Campelo, quen sentenciaba o encontro co tercero gol local no 72′.

A seguinte cita para o Verín C.F. será no campo dos Carrís (Barbadás) a vindeira fin de semana para enfrontarse á S.D. Valenzá, quinta clasificada.

 

Juan Carlos Francisco, directivo do Verín C.F.

 

Fotos: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Back to top button