
O atleta veterano Carlos López Gudiña (Andarines Arcos, Vilamartín de Valdeorras) segue sumando quilómetros. Nesta ocasión facíao participando no VIII Cross Santa Colomba de Somoza (Astorga), unha proba solidaria que se corría na mañá deste domingo 5 de outubro en beneficio dos damnificados polos incendios deste verán.
Na carreira, de 10,5 quilómetros, participaban 168 corredores. “O meu posto foi o 74 da xeral e o 7 en Veteranos E nun tempo de 52 minutos 13 segundos”, di o propio Carlos, destacando que vaixou 6 minutos con respecto ao 2024.

Fotos cedidas.