AletismoDeportesÚltima hora

O veterano Carlos López Gudiña (Andarines Arcos), na XXII Carreira Popular Lugo Monumental

 

Chova ou faga frío. A meteoroloxía non é impedimento para os afeccionados ao atletismo que, sen importar o tempo que faga, participan nas probas previstas, dando o mellor de si mesmos.

Un exemplo témolo nos Andarines de Arcos (Vilamartín de Valdeorras), co veterano Carlos López Gudiña que na xornada deste frío domingo 21 de decembro participaba na XXII Carreira Popular Lugo Monumental, xunto a máis de 700 corredores.

O valdeorrés completaba os 10 km da proba nun tempo de 50:51 quedando no posto 400 da xeral e no 12 da súa categoría, Máster F. Masculino. “Facía moito frío”, di Carlos, orgulloso da súa recén estreada categoría de “avó” tralo nacemento o pasado venres a súa neta Cayetana e pensando xa en prepararse para a seguinte carreir, a San Silvestre de León, o vindeiro domingo.

 

Back to top button