EconomíaEconomíaÚltima hora

O VI Barathón de Trives vai quentando motores

Este singular percorrido por 16 bares da vila realizarase o venres 14 de abril dende a praza do Pilón
Participantes na pasada edición do Barathón de Trives cos diplomas. /Foto: Carlos G. Hervella.

Moi completa se presenta a vindeira semana na Pobra de Trives e arredores, con diferentes actividades especialmente deseñadas para que participe a xente. O xoves día 13, celebrarase a Festa da Xuventude; o venres 14, o VI Barathón de Trives; e o sábado 15 pola mañá feira e pola tarde Ruta das Covas en Seadur.

Seguindo o formato das anteriores edicións, que xuntaron a centos de persoas na vila trivesa, o IV Barathón arrancará ás 17h. do venres, na praza do Pilón. Tal como adiantan dende a organización, a esa hora repartiranse os diplomas para participar no evento (de forma totalmente gratuíta) e darase comezo á ruta. Os participantes terán 5 horas para completar os 16 bares participantes no Barathón cunha consumición en cada bar. Aqueles que logren completar o percorrido antes das 22h. deberán entregar o diploma na plaza do Reloxo para poder participar no sorteo que se celebrará as 22:15h.

Sortearanse varias ceas, bicas, consumicións e máis sorpresas donadas polos hosaleiros de Trives. Xa pola noite continuará a festa nos locais de ocio nocturno de Trives con descontos e agasallos para os participantes do Barathón.

 

As Macizas Centrais amenizando a pasada edición do Barathón. /Foto: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button