Para que non coincidise con outras probas tradicionais como o Descenso do Sil ou a Milla Urbana, este ano o Club de Petanca Valdeorras decidía retrasar unha semana o seu campionato das Festas do Cristo.
Así, na xornada deste sábado 21 de setembro as pistas do Chao, no Barco de Valdeorras, acollen a VI edición do torneo que reúne a 16 tripletas (do Barco, A Rúa, Larouco, San Pedro de Trones, Fabero, Vigo e A Coruña). “Este ano fallaron os de Lugo porque teñen o seu propio torneo co cal en lugar de 24 como estaba previsto quedamos con 16 tripletas para poder xogar todos á vez nos campos que temos”, explica o presidente do club, Gabriel Álvarez.
El mesmo adianta que a maioría dos participantes irán xantar a La Flor del Jamón e reanudarán a competición en torno ás catro da tarde. A entrega de premios, con obsequio para todos os participantes, será en torno ás sete e media da tarde. “A ver se nos deixa o tempo”, di Gabriel, xa que pola mañá estivo chovendo e segue a ameaza de auga.
Fotos e vídeo: Mónica G. Bellver.
Máis información e fotos: