DeportesFútbol salaÚltima hora

O Vianariño FS convértese nun equipo de Preferente Galicia

 

Para o equipo e a afección do Vianariño F.S. o encontro do sábado 3 de xuño era o partido do ano. Con especial ilusión estaban esta cita que se iniciaba ás 18h. no pavillón vianés e na que se medían co Poio Pescamar F.S. Era o partido de volta do play off de ascenso a preferente. E tras conseguir un bo resultado na ida (1-2), as esperanzas e ilusións estaban totalmente depositadas neste encontro, tendo en conta tamén que o rival non era nada doado.

 

 

Porén, o equipo e a afección respondían e iso traducíase nun marcador o de 2-2, que coa vantaxe lograda no anterior encontro, dábanlle un 4-3 global, e polo tanto, unha festexada vitoria que convertía ao Vianariño F.S. en campión da fase de ascenso e que lle dá o pase a preferente Galicia a este equipo de Viana do Bolo e de Vilariño de Conso.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button