DeportesFútbol salaPizarras Los Tres CuñadosÚltima hora

O Pizarras Tres Cuñados FS presenta a terceira edición do seu campus de fútbol sala

Celebrarase do 1 ao 5 de setembro, de 10 a 14 horas, no pavillón municipal de Calabagueiros

 

O Pizarras Tres Cuñados FS pon en marcha a terceira edición do seu campus de fútbol sala, que se celebrará do 1 ao 5 de setembro no pavillón municipal de Calabagueiros e nas instalacións do CEIP Julio Gurriarán en horario de 10 a 14 horas.

Durante os catro días que dure o campus haberá moito deporte, adestramentos e xogos pero tamén outras actividades complementarias como excursións, visitas sorpresa ou charlas.

Cada participante, nenos de 6 a 15 anos (categorías dende benxamín ata cadete), recibirá un “tentempé mañaneiro”, hidratación, dúas camisetas e seguro de responsabilidade civil. Na clausura entregaranlle medalla e diploma acreditativo.

 

Artigos relacionados

Back to top button