DeportesFútbol salaÚltima hora

O Vianariño FS estréase na liga cunha contundente vitoria ante o Opt. Prieto-P. Tinto F.S. de Xinzo

Co 5-1 remataba o partido disputado esta tarde no Pavillón Municipal de Viana do Bolo

Publicidade
Plantel do Vianariño FS antes do primeiro partido de liga no Pavillón Municipal de Viana. /Foto cedida.

 

Da unión de mozos de Viana do Bolo e de Vilariño de Conso nacía a Asociación Deportiva Intermunicipal Vianariño F.S. co obxectivo de practicar o deporte que máis lles gusta na súa terra e de paso darlle visibilidade.

Este novo equipo de fútbol sala comezaba a súa andadura na liga provincial de Ourense, xogando como local no Pavillón Municipal de Viana do Bolo e nalgúns partidos no de Vilariño de Conso. O primeiro partido oficial nesta tempada tiña lugar na tarde deste sábado 1 de outubro, enfrontando no parqué vianés ao novo equipo co Opt. Prieto-P. Tinto F.S. de Xinzo de Limia, nun partido que se saldaba cunha contundente vitoria por 5 goles a 1, cos goles local de Ígor que marcaba en dúas ocasións e Borja que anotaba os outros tres.

O seguinte encontro para o Vianariño FS será no pavillón municipal de Calabagueiros, no Barco de Valdeorras, ante o Pizarras Los Tres Cuñados FS “B”.

 

Artigos relacionados

Back to top button