DeportesFútbol salaÚltima hora

O Vianariño FS sacará este ano tres novos equipos (Infantil, alevín e benxamín) grazas ao acordo coas Escolas Deportivas

O equipo sénior está en plena pretempada

Adestramento do equipo sénior do Vianariño FS.

 

Mantendo a todos os xogadores de casa o 20 de agosto comezaba os adestramentos o equipo sénior do Vianariño FS para o cal facían tres fichaxes “moi ilusionantes”: Bencho, Sergio e Roi que aínda sendo xuvenil estará ás ordes de Xocas Miranda e Juanjo que seguirán capitaneando un ano máis este equipo, tal como avanza o presidente do club.

No seu primeiro ano en Preferente conseguiron asentarse na categoría e loitar nos play off aínda que este ano “o obxectivo é o ascenso a Terceira división e niso estamos a traballar”, di Víctor, adiantando que para finalizar a pretempada disputarán dous amigables. Esta ano a liga vai ser máis longa, con 16 equipos, o que supón 6.400km en desprazamentos para o Vianariño que empezará a tempada o 15 de setembro contra A Quinta de Tuy.

Manteñen tamén os equipos feminino ás ordes de Anxo e xuvenil que incorpora a Iván no corpo técnico. Ámbolos dous xa competiron o ano pasado con moi bos resultados; e este ano sacarán ademais tres novos equipos para os máis xoves: un infantil, un alevín e un benxamín, para o cal contan coa colaboración do Concello de Viana e as súas Escolas Deportivas dirixidas por Pinchacarneira Ocio y Animación. “Vivirase moito fútsal nos pavillóns”, asegura o presidente do club.

Artigos relacionados

Back to top button