CulturaCulturaÚltima hora

O vianés Mago Teto presenta “Alquimia” no LugoMáxico 2019

Este espectáculo de ilusionismo poderá verse o vindeiro venres 10 de maio ás 20h. no Auditorio Municipal Gustavo Freire

 

O Mago Teto nunha imaxe promocional de “Alquimia”.

Nunha orixinal, intensa, divertida e sorprendente aventura embárcase o Mago Teto, natural de Viana do Bolo, no seu novo espectáculo: “Alquimia”. Presentárao o vindeiro venres 10 de maio dentro do programa de LugoMáxico 2019, a Semana Internacional da Maxia, que se desenvolve do 5 ao 11 de maio na cidade da muralla. A súa actuación está prevista para as 20h. no Auditorio Municipal Gustavo Freire

Nesta “gala unipersoal” este ilusionista busca descifrar a estraña simboloxía dos libros sobre alquimia e vai na procura da pedra filosofal. Pero o seu obxectivo non é acadar riqueza ou a eterna xuventude, senón lograr facerse coa felicidade. Nesta representación, este mago vianés xogará con tres elementos primarios: auga, terra e lume. E, por suposto, implicará de principio a fin ao público.

O prezo da entrada será de 5 euros e poderán adquirirse a través da web www.entradaslugo.es.

Artigos relacionados

Back to top button