OurenseÚltima hora

O vicepresidente da Deputación acude a unha xuntanza da Femembalses

A Federación Nacional de Asociacións e Municipios con centrais hidroeléctricas e encoros celebrou unha reunión organizativa en Guadalajara
Rosendo Fernández, na reunión de Femembalses, en Guadalajara.
Rosendo Fernández, na reunión de Femembalses, en Guadalajara.

O vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, acudía na mañá do xoves 13 de outubro a unha reunión de vicepresidencias da Federación Nacional de Asociacións e Municipios con centrais hidroeléctricas e encoros (Femembalses). Fíxoo en substitución de Manuel Baltar, que ostenta a vicepresidencia primeira da federación e que, por motivos de axenda, non puido asistir. O acto tivo lugar en Tamajón (Guadalajara).

Esta xuntanza de traballo tivo como principal obxectivo a asignación de áreas de traballo ás diferentes vicepresidencias do colectivo. No caso da vicepresidencia primeira, Baltar asumirá as competencias da área lexislativa. Por outra banda, tamén se abordou a implantación de novas tecnoloxías nas zonas de rural, como a inserción de fibra óptica na provincia de Lleida a través dun proxecto piloto.

Artigos relacionados

Back to top button