OurenseÚltima hora

O VII Car Outlet Ourense ofrece en Expourense 440 opcións de 27 marcas entre os 6.990 e os 68.900 euros

 

O VII Car Outlet Ourense abriu hoxe as súas portas co obxectivo de contribuir a dinamizar as ventas de coches na provincia de Ourense. Para acadalo. 15 concesionarios que representan a 27 marcas (a práctica totalidade das que operan no mercado español) ofrecen 440 coches seminovos, kilómetro cero ou de ocasión con importantes descontos e vantaxes. A entrega inmediata, as facilidades de financiamento, as garantías que ofrecen os concesionarios oficias (ata 10 anos nalgúns casos) e o aforro que supón comprar un vehículo xa matriculado convértense nos principais reclamos do VII Car Outlet Ourense. Trátase dunha cita coorganizada entre Expourense e a Asociación de Concesionarios de Automóbiles de Ourense, A.C.A.U.TO., e que conta co apoio da Deputación Provincial de Ourense.

O VII Car Outlet Ourense estará aberto ata este domingo 11 de maio e ofrece boas oportunidades do mercado de vehículos de ocasión e segunda man e seminovos, puidendo atoparse vehículos que acaban de ser matriculados ata outros con ata 7 anos de antigüidade. A oferta do salón é moi variada, cubrindo todas as gamas posibles e motorizacións, xa que os híbridos e eléctricos comezan xa a ocupar o seu oco no mercado de ocasión. Esta cita reflicte ademais a consolidación no mercado ourensán de novas marcas asiáticas (MG, Omoda ou Jaecco); de marcas exclusivamente eléctricas como Leap Motor ou ByD ou de marcas clásicas de camións reconvertidas á fabricación de utilitarios como EBRO.

 

 

Dende A.C.A.U.T.O. que o perfil de coche máis demandado é o que ten entre 1 e 4 anos, diesel, e que ronde un prezo dentre os 15.000 e os 20.000 euros. O abano de prezos desta edición volve ser moi amplo e pode atoparse dende un Peugeot 208 de 2014 con 33.000 km por 6.990 euros ata un Alpine A110 S de 2023 con 30.000 kilómetros por 68.900 euros.

O VII Car Outlet ofrece numerosos vehículos que representan os catro eixos do mercado de ocasión: os kilómetro cero (novos que se venden así por obxectivos comerciais que indica o fabricante); vehículos de servizo (demostración ou cortesía) con antigüidade de ata 1 ano e con 15.000 kilómetros de media; seminovos (ata 5 anos de froito de renting empresarial ou operacións financeiras con garantía de recompra); e o de ocasión (que foi empregado por un particular e entregado no concesionario a cambio doutro). Por outro lado, este salón é unha boa ocasión para rexuvenecer o parque automobilístico ourensán (dos máis antigos de España) que ten agora unha idade media de 16.9 anos (13.5 en Galicia).

O horario de apertura do salón será venres mañá sábado 10 de 10 a 20:30h. e o domingo 11 de maio de 11 a 20h. A entrada terá un custo de 3 euros, sendo gratuíta para os menores de 12 anos. Para facilitar a elección do vehículo e ser un bo plan familiar para a fin de semana, o salón conta con Servizo de Ludoteca gratuíto o sábado de 12 a 14 e de 17 a 20:30h. e domingo de 12 a 14 e de 16:30 a 20h.

 

Artigos relacionados

Back to top button