ConcellosTrivesÚltima hora

O vindeiro luns voltan as feiras a Trives

Por agora estará limitada a produtos agroalimentarios, pero nas próximas iranse aumentando produtos e o aforo

 

Trives retomará tamén neste mes de xuño a celebración das súas feiras, logo do parón a causa da crise do Covid-19. A primeira delas terá lugar o vindeiro luns 15 de xuño, no lugar de sempre, pero con certas condicións. Así, polo de agora, estará limitada unicamente a produtos agroalimentarios e terá tamén limitación de aforo.

“Nas próximas iremos aumentando a máis produtos e tamén o aforo”, adianta a alcaldesa, Patricia Domínguez. Dende o Concello de Trives, Policía Local e Protección Civil, e contando tamén coa colaboración da Garda Civil, velarase porque se cumpran todas as medidas de seguridade e hixiene, entre elas o uso de mascarilla.

Dende o Concello de Trives tamén se recomenda o uso dos “dispensadores de xel hidroalcohólico colocados pola vila e gardar a distancia interpersoal de seguridade”.

Artigos relacionados

Back to top button