EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

O viño trivés Alcouce 2014, ouro no Mondial des Vins Extremes en Aosta

Tamén resultaban distinguidos outros 10 viños da Denominación de Orixe Ribeira Sacra

Panorámica dos viñedos da adega Chao do Couso, no concello de Trives./ Foto cedida.

 

Ata once medallas de ouro veñen de colleitar os viños da Denominación de Orixe Ribeira Sacra tras a súa participación no Mondial des Vins Extremes, celebrado en Aosta (Italia) entre o 27 e o 29 de agosto. A D.O. Ribeira Sacra presentaba este ano 64 mostras, 53 de tintos e 11 de brancos, pertencentes a 36 adegas. Entre os viños distinguidos estaba o Alcouce 2014 da da adega trivesa Chao do Couso.

O Mondial des Vins Extrêmes, que organiza o CERVIM é o concurso enolóxico máis importante, reservado aos viños producidos en rexións de montaña ou procedentes de cultivos extremos: altitude superior a 500 metros, pendente do terreo superior ao 30% (en zonas da D.O. Ribeira Sacra chégase ao 80%) ou sistemas vitícolas de cultivo en socalcos).

 

LISTAXE DE VIÑOS GALARDOADOS EN AOSTA

Medalla de ouro, Categoría Viños Brancos colleita 2019:

  • Viña Garoña de Adegas Viña Garoña S.L.

Medalla de ouro, Categoría Viños Tintos colleitas 2019 e 2018:

  • Os Cipreses 2018 de Rabelas S.L.
  • Acrivro 2018 de Adegas Salvadur S.L.
  • Garoubas 2018 de Fidel Gallego Carreira
  • Ciudaseis Pedras Altas barrica 2018 de María Gloria Alvarín Losada
  • Abadía da Cova Xuño 2018 de Adegas Moure S.A.
  • Finca Cuarta 2019 de Rubén Moure Fernández

Medalla de ouro, Categoría Viños Tintos vendimas 2017 e anteriores:

  • Finca La Capitana 2014 de Regina Viarum S.L.
  • Adega Barbado 2017 de Javier Méndez Arias
  • Finca Cuarta 2017 de Rubén Moure Fernández
  • Alcouce 2014 de Chao do Couso S.L.

Artigos relacionados

Back to top button