CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

O vocalista de Led Zeppelin, Robert Plant, actuará en setembro na provincia de Ourense

Manuel Baltar e Pino Sagliocco.

 

Robert Plant, vocalista da lendaria banda Led Zeppelin, actuará na provincia de Ourense o vindeiro 9 se setembro, nun concerto que contará co patrocinio da Deputación de Ourense.

O presidente do goberno provincial, Manuel Baltar, e o presidente da promotora Live Nation España, Pino Sagliocco, pecharon nun recente encontro de traballo este acordo de colaboración, polo que Plant chegará a Ourense coa súa nova banda, Saving Grace, fundada en 2019.

Segundo explican dende a organización, as entradas para o concerto de Robert Plant sairán á venda en vindeiras datas e neste momento estase a traballar na ubicación da cita musical, que podería ser o mosteiro de San Salvador de Celanova.

 

Robert Plant. /Foto: GETTY.

 

“É moi importante que Ourense teña a capacidade de acoller a lendas da música internacional como Robert Plant”, resalta Manuel Baltar, que pondera a “repercusión e o retorno socioeconómico que ofrecen ao noso territorio citas desta magnitude, nunha dinámica na que levamos tempo traballando, apoiados na colaboración dunha promotora do máximo nivel internacional como é Live Nation e que seguirá proporcionando froitos para Ourense nos vindeiros meses”. De feito, Robert Plant (1948) está considerado como un dos mellores vocalistas e “frontmans” do rock do século XX pola crítica especializada, comezou despois da disolución de Led Zeppelin unha carreira en solitario á que en paralelo sumou a fundación de bandas como Priory of Brion, Strange Sensation, Sensational Space Shifters ou Saving Grace, coa que chegará a Ourense neste mes de setembro.

Artigos relacionados

Back to top button