Novo éxito de convocatoria da Festa do Botelo do Barco que, no mediodía deste sábado 18 de xaneiro, volvía reunir a máis de 1.300 comensais no xantar oficial da XXIII edición que ae celebraba pavillón municipal de Calabagueiros. Outras 800 persoas enchían as prazas disponibles nos 11 restaurantes participantes nas IV Xornadas do Botelo e o Cocido, tamén para degustar o botelo do Barco.
Os actos desta XXIII edición da Festa do Botelo comezaron as 12 da mañá no Teatro Lauro Olmo coa homenaxe á cociñeira Virginia Gómez e o pregón de David Amor. O convidad de honra este ano foi o Concello da Fonsagrada, cuxo alcalde, Carlos López, agradeceu a invitación e destacou as semellanzas gastronómicas entre O Barco e A Fonsagrada, onde se celebra a Feira do Butelo.
E xa a partir das 14:30 horas tiña lugar o xantar co habitual menú de botelo acompañado de chourizos, patacas e repolo. Segundo os datos do Concello “servíronse, en total, 900 quilos de botelo, 200 de chourizos, 250 de patacas e 300 de verdura. Todo, regado con 900 botellas de viño tinto do Barco e, de sobremesa, 60 tortas de roxóns e 80 bicas”.
O xantar contou coa animación musical dos grupos que, pola tarde, se encargarán de continuar cos cantos de taberna polos bares da localidade entre as 19 e as 22:30 horas, coa participación de seis de grupos en 9 establecementos: Somontanos, Os do Venres, Macizas Centrais, Monistreles, Os Trimendos e a Foliada de Bosende.
Fotos e vídeos: Mónica G. Bellver.
Máis fotos: