A Pobra de Trives viviu unha intensa fin de semana arredor dos cogomelos, da man das Xornadas Micolóxicas do Club Montaña Trives que chegaban este ano á XXVI edición.
E como cada ano o xantar gourmet celebrado no Hostal La Viuda foi todo un éxito, tanto de participación como de degustación, cun exquisito menú cunha gran variedade de cogomelos, maridadas en diferentes platos.
Como entrantes: Crema de shiitakes; Risotto de pasta e boletus; Burrata con castañas, tomate e trompetas da morte; Guiso de setas de tempada e panceta; Pastela de shimellis e salsa de laranxa; Curry verde con níscalos e gambóns; Pataca, hovo, perdiz e perrachicas.
Como prato principal: Bacoriño Celta e demi-glace de setas con gulas de monte.
E de postre: Tarta de follado con pistachos.
No decurso do xantar, o Club Montaña Trives entregaba agasallos aos membros da Asociación Os Cogordos, en agradecemento á súa colaboración en cada edición.


Fotos cedidas.