CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

O XIV Certame Celtibérico de Bandas de Gaitas abre a XLI Feira do Viño de Quiroga

 

O son das gaitas enchía no mediodía deste 8 de abril, Sábado Santo, o Auditorio Municipal de Quiroga. A vila acollía o XVI Certame Celtibérico de Bandas de Gaitas “Memorial Muíño” a partir das 12h, con 8 formacións inscritas. A primeira formación en subirse ao escenario era a Escola de Gaitas San Martiño de Quiroga (do 4º grao), tras ela viñan a banda do Concello do Bolo e a de Fuentes Nuevas de Ponferrada.

Tras a actuación de Nadia Vázquez (Musette Barroca), comezaban as actuacións do terceiro grao coas agrupacións do Concello de Monforte de Lemos e Ladies Band, seguidas da interpretación dunha peza por parte de David Bellas (gaita medieval).

 

 

Despois o programa incluía oa actuación da Banda Municipal de Chantada (2º grao), a intervención especial de El Pravianu (Asturias) e, xa as bandas de 1º grao: Agarimo de Catabois e Real Xuvenil de Ourense. Finalmente subíaase ao escenario o músico Alexander Suárez, especialista en gaita irlandesa.

Entre o público asistente ao certame estaba o vicepresidente segundo da Xunta e conselleiro de Presidencia, Diego Calvo; o conselleiro do Medio Rural, José González; e o alcalde de Quiroga, Julio Álvarez.

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

Artigos relacionados

Back to top button