OurenseÚltima hora

O xornalista José Rodríguez, de San Xoán de Río, visita a mostra “In tempore sueborum”

O presidente da Deputación, sinalando unha das pezas da mostra, xunto a José Rodríguez e Víctor Prieto.

Son xa máis de 37.800 persoas as que teñen percorrido dende mediados do pasado mes de xaneiro a mostra “In tempore sueborum”, promovida pola Deputación de Ourense. Entre eles está o xornalista e escritor José Rodríguez, natural de San Xoán de Río, que visitaba exposición na mañá do 18 de abril acompañado polo presidente da Deputación, Manuel Baltar, e polo músico Víctor Prieto.

Prieto e Rodríguez destacaron a calidade e singularidade das pezas que integran a exposición, interesándose “por esta época tan descoñecida da nosa historia e da cal podemos contemplar moitos dos seus aspectos a tan só un centímetros de distancia”, expresou Víctor Prieto. Pola súa banda, José Rodríguez valorou “a complexidade do traballo organizativo e de xestión para poder reunir nunha exposición pezas de diferentes museos de Europa, coa dificultade que supón mover polo mundo tesouros como os que aquí se exhiben”.

O presidente do goberno provincial agradeceu “a sensibilidade do acordeonista e do intelectual ourensáns ao querer estar presentes na exposición, amosando unha vez máis o seu compromiso por Ourense e por todo o que significa pór en valor a nosa historia”.

“In tempore sueborun” encamiña o seu último tramo, xa que se clausurará o vindeiro 6 de maio. Conta con tres espazos expositivos onde se exhibe: o Centro Cultural “Marcos Valcárcel”, a igrexa de santa María Nai e o Museo Municipal de Ourense.

Artigos relacionados

Back to top button