CulturaÚltima hora

O XVII campamento de verán do Barco homenaxeará a Florencio Delgado Gurriarán

Celebrarase do 3 de xullo ao 31 de agosto nas instalacións do CEIP Condesa de Fenosa
José Fernández, presidente de Vagalume e Margarida Pizcueta, concelleira de Cultura do Barco. /Foto: Mónica G. Bellver.

Máis de quince anos se leva celebrando no Barco de Valdeorras o campamento de verán da man da Asociación Vagalume Valdeorras en colaboración co Concello e este ano, “coincidindo coa reivindicación do Día das Letras Galegas para Florencio Delgado Gurriarán, xirará en torno a unha obra do poeta de Córgomo”. Así o anunciaba a concelleira de Cultura, Margarida Pizcueta, acompañada por José Fernández, na presentación que tiña lugar no mediodía do 20 de xuño.

O prazo de inscrición estará aberto ata o 25 de xuño e o campamento comezará o 3 de xullo e estenderase ata o 31 de agosto. Os horarios coma sempre serán de 10 a 13h. con servizos de garda de 9 a 10 e de 13 a 14h. e desenvolverase no CEIP Condesa de Fenosa.

Os prezos serán de 60 euros/mes para os nenos non socios de Vagalume e de 35 para os socios. O servizo de garda custará 10 euros por quenda e ademais pódese participarse no campamento por quincenas, a 30 euros para non socios e 20 para socios.

As idades dos participantes neste campamento de verán irán dos 3 aos 12 anos con varios grupos dependendo da idade e con actividades comúns a todos. “Cambia a temática pero o campamento ten unha serie de actividades que debido ao éxito ao longo destes 17 anos, repítese”, explicou Margarida. Así, baixo o título “Viaxe ao país de Don Godello e Dona Mencía”, o campamento contará con actividades sobre educación ambiental, acuáticas, deportes e animación de convivencia, obradorios, teatro, música,…e todo en torno á reivindicación dun Día das Letras Galegas para FDG.

Como novidade, este ano incluirán unha sección de actividades sobre educación emocional que traballarán todos os grupos cada día ao comezar a xornada . “Traballarase a asertividade, o autocoñecemento e a empatía a través de contos e actividades deseñadas para cada idade”, explicou José. Ademais haberá tamén un apartado de videoclips que versarán sobre acoso, tanto escolar como nas redes, e violencia de xénero, sendo protagonistas os propios cativos.

 

Artigos relacionados

Back to top button