CulturaCulturaÚltima hora

O XXIX Concurso “Galicia en Foco” xa ten ganador

 

O xurado da XXIX Concurso Galicia en Foco, que convoca o Club de Prensa de Ferrol, vén de facer público o seu fallo. A serie “A clase traballadora que fai posible as Festas de San Froilán “, publicada o 13 de outubro de 2019 no Diario Cultural “Vivalugo” do que é autor Adrián Vázquez Rodríguez obtivo o Premio de foto- xornalismo “Galicia en Foco 2020”.

“A foto premiada foi valorada polo xurado tanto pola calidade de todas e cada unha das fotografías que conforman a serie, como pola continuidade do discurso narrativo que envolve toda a obra”, segundo a organización do concurso.

A entrega do premio, dotado con 1.000 euros e unha figura alegórica de Sargadelos creada para o certame  por Isaac Díaz Pardo, fixarase para cando as condicións sanitarias de mobilidade permítano, así como a inauguración da exposición con todas as obras que concorreron ao certame. O Xurado da XXIX edición de Galicia en Foco estivo composto por Rodrigo Ramos Ardá, Daniel Alexandre e Julia Díaz Sixto. Actuou como secretario Xoán Loura Alejos.

 

Artigos relacionados

Back to top button