EconomíaEconomíaÚltima hora

O XXV Concurso-Exposición Provincial de Gando Bovino de Castro Caldelas repartirá 10.000 euros en premios

Celebrarase o vindeiro 10 de setembro nesta vila a partir das 11h., como broche das Festas dos Remedios

 

Castro Caldelas celebrará o 10 de setembro, a partir das 11h., o XXV Concurso-Exposición Provincial de Gando Bovino, se ben debería ser a XLIV edición, o que a convertiría na decana das Feiras da Provincia. “No ano 2003 a edición a celebrar era a XXV pero quedóu suspendida polo brote de brucelose xeralizado que afectou a provincia. Logo da brucelose xurdíu o das “vacas tolas” e así quedóu sin celebrar a edición XXV, que debería ser unha gran ocasión. No ano 2019, xa liberados destas pestes o Concello retomou a celebración da Feira para o ano 2020. Tampouco puido ser debido a pandemia mundial de Covid-19, donde todo quedóu suspendido e calquer esforzo era pouco para loitar contra a grave situación da xente. Por fin, este ano imos a poder celebrar este querido acontecimento nesta zona ganadeira por excelencia”, explica a alcaldesa de Castro Caldelas, Sara Inés Vega.

Castro Caldelas, con dúas concentracións parcelarias e máis de 30 incorporacións ao mundo agrario nestes últimos 4 anos, tiña pendente recuperar esta feira-concurso na data en que sempre se celebrou: o derradeiro día das Festas dos Remedios. E así o fará este ano.

Con 10.000€ en premios e asistencias aos gandeiros preséntase esta XXV edición co fin de mostrar o potencial gandeiro desta comarca, “a maior produtora de carne de vacún de Galicia”, resalta a rexedora. A raza autóctona e protexida “Caldelá”, a “Vianesa” e a “Rubia Galega” nas seccións de “Sementales, vacas reprodutoras e novillas” formarán un escaparate para o desfrute de toda a xente que se achegue ao recinto da mostra. Tamén terán presenza as “Xugadas” : Vacas xunguidas co xugo e os touros ou vacas tirando dos carros tradicionais.

 

 

 

No recinto tamén terán presencia os produtos locais (viño, bica manteigada, mel, carne, queixo de cabra, embutidos) e a maquinaria agrícola.

PROGRAMA:

●Ata as 11h entrada do gando o Recinto Feiral.
●Apartir das 12h comezo Oficial da FEIRA CONCURSO-EXPOSICIÓN.
●Unha vez o Xurado Oficial dictamine procédese a entrega dos Premios coa intervención do conselleiro e autoridades.
●Xantar no Recinto Feiral.
●A partir das 19,30h DESFILE DE XUGADAS e CARROS TRADICIONAIS DENDE A PRAZA DO PRADO POLA AVENIDA DE OURENSE.
A finalización comezo do último día das FESTAS DOS REMEDIOS 2022.

No Recinto Feiral contarase con servizo de BAR, RESTAURANTE CON CHURRASCO, CARNE AO CALDEIRO, EMPANADA, LACÓN E CON PULPEIRA.
Os asistentes poden reservar Mesa chamando o tfno. 687 41 93 23.

Artigos relacionados

Back to top button