EconomíaEconomíaÚltima hora

Obarcoaberto regalará a Rosa do CCA por San Valentín

 

Coa idea de dar visibilidade á asociación e aos asociados, e ao mesmo tempo dinamizar o espazo comercial e de ocio a asociación Centro Comercial Aberto O Barco quere celebrar cos seus clientes a data máis romántica do calendario.

Así, Obarcoaberto entregará un agasallo aos clientes o vindeiro mércores 14 de febrero, Día de San Valentín, en horario de 10:30 a 13:30 horas. Para conseguilo será necesario entregar un tícket de compra dun dos establecementos asociados, no stand que o CCA colocará na praza do Concello ese mesmo día.

Ademais, os tickets introduciranse nunha urna e realizarase un sorteo de dúas ceas para dúas persoas.

 

Artigos relacionados

Back to top button