ConcellosManzanedaÚltima hora

Obradoiro de danza sensorial, na piscina municipal de Manzaneda

A iniciativa forma parte da "Festas Mutantes", promovidas por Outonía co apoio do Concello

 

Continúan as actividades das “Festas Mutantes” en Manzaneda. Na tarde deste luns retomábase o baile pero dun xeito moi especial. Na zona da piscina municipal impartíase un obradoiro de danza sensorial, concienciación e movemento a cargo de Nuria Sotelo e coa participación de nenos e maiores.

Esta iniciativa forma parte do “Laboratorio Mutante” liderado por Outonia S Coop Galega e coa colaboración do Concello de Manzaneda.

 

 

Ademais dende o Concello lémbrase que estas piscinas permanecerán abertas ao público nos meses de xullo e agosto de 12h. á 20h. “nunha contorna única de paisaxe, pista deportiva e espazo recreativo; así como servizo de bar onde podes extender a tarde cun refrixerio e piscolabis á fresca entre amizades”.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button