ConcellosO BarcoÚltima hora

Obradoiro de estampación no “Merendoiro: lecer alternativo e creativo” do Concello do Barco

Foi impartido por Verónica Vieira de Por las Ramas Estudio

 

Dende as seis da tarde e ata as nove da noite deste venres 5 de maio, un grupo de xoves asisten, no 4º andar da Biblioteca Municipal do Barco de Valdeorras, ao obradoiro de estampación téxtil para a reutilización de prendas impartido por Verónica Vieira de Por las Ramas Estudio.

Despois do reparto e explicación do material a utilizar, así como as diferentes técnicas de estampación, os asistentes (mozos de entre 18 e 35 anos) procedían a seguir as instruccións da deseñadora gráfica para lograra a prenda co deseño desexado.

 

 

Este  é un dos nove obradoiros (de collage, ilustración, estampación, fanzine, bordado, cociña, escritura, fotografía e clown) que conforman o proxecto posto en marcha dende a Concellería de Servizos Sociais do Concello do Barco cos que se pretende, según se indicou na proposta presentada no seu día ao ministerio, “que a mocidade do Barco poida acceder a oportunidades e disciplinas de lecer saudable”.

O proxecto rematará cunha exposición final coas diferentes obras que se realicen nas actividades que o forman servirá de peche. Todos os obradoiros inclúen a perspectiva dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) e da Axenda 2030.

Fotos: Mónica G. Bellver.

 

Artigos relacionados

Back to top button