CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

Obradoiros escolares para concienciar á comunidade sobre a erradicaciónn da flora exótica invasora

A directora xeral de Patrimonio Natural asistía ao impartido por Amabul no CEIP Curros Enríquez, de Ourense

 

Por terceiro curso consecutivo a Xunta pon en marcha o Programa de divulgación da problemática das especies de flora exótica invasora en centros educativos da comunidade.

Segundo explica a directora xeral de Patrimonio Natural, Marisol Díaz, nesta edición esta actividade divulgativa, que desenvolve a asociación medioambiental Amabul con financiamento de preto de 20.000 euros da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, “está previsto que chegue a preto de 7.500 alumnos de 26 centros de educación infantil, primaria e secundaria de Galicia”.

 

 

O programa inclúe a instalación e cesión da exposición itinerante Unha ameaza chegada dun espazo exterior, a realización de obradoiros ambientais sobre a problemática da flora exótica invasora e a entrega dunha unidade didáctica sobre esta cuestión para promover entre o alumnado a necesidade de erradicar estas especies dos espazos naturais galegos para protexer a nosa biodiversidade.

Nesa liña, Marisol Díaz participaba no obradoiro que representantes de Amabul impartiron no CEIP Curros Enríquez, de Ourense, onde ao redor de 50 alumnos de quinto e sexto de educación primaria realizaron unha visita guiada á exposición e participaron nun xogo ambiental para mellorar a súa comprensión sobre a flora exótica invasora.

Artigos relacionados

Back to top button