A partir de mañá mércores comezarán os traballos de asfaltado da Travesía 536 no Barco, que afectan, en concreto á avenida Conde Fenosa, a Marcelino Suárez e Manuel Quiroga, polo que se procedeu a baleirar de vehículos a zona, tal e como informan dende a Policía Local. Ademais vanse retirar os vehículos que queden co guindastre municipal.
Por outra banda, tamén, a partir do xoves e con motivo da carpa que se vai a montar na rúa Irmáns Dequidt para acoller os concertos de Tanxugueiras e Susana Seivane na fin de semana, vaise cortar a citada rúa, polo que se verán afectados os garaxes da zona, se ben terán acceso polo Paseo do Malecón.