ConcellosÚltima hora

Obras de mellora no Xulgado de Trives

 

Dentro do programa de obras menores en edificio xudiciais a Vicepresidencia da Xunta investiu este ano 36.450 euros no edificio do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución de A Pobra de Trives. Co fin de mellorar a confortabilidade na sala de vistas e nas dependencias xudiciais instalouse un sistema de aire acondicionado. Ademais acometeuse unha reparación das canles e do muro exterior e procedeuse ao pintado da fachada.

A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, achegouse a este concello e supervisou as obras que se realizaron. Na súa visita lembrou que o Xulgado da Pobra de Trives, nos últimos anos, xa foi obxecto doutras actuacións dentro do plan de eficiencia enerxética co fin de mellorar o día a día dos traballadores dos xulgados e dos cidadáns que acoden a eles.

 

Artigos relacionados

Back to top button