ConcellosSoberÚltima hora

Obras de mellora nos Campos de fútbol de Centeás e A Carqueixa, en Sober

Os traballos contarán cun investimento de máis de 100.000 euros

Campo no que xoga o FC Sober.

 

Dende o Concello de Sober xa se están levando a cabo importantes obras de mellora nos dous Campos de fútbol do municipio, Centeás e A Carqueixanos que xogan os equipos Río Sil e Sober. As actuacións consisten, entre outros traballos, en sementar de céspede os dous estadios.

Os traballos, que contan con máis de 100.000 euros de presuposto, están financiados con fondos municipais e dúas axudas da Vicepresidencia Primeira da Xunta de Galicia, unha través da Secretaría Xeral para o Deporte e outra concedida pola Dirección Xeral de Administración Local destinada a aforro enerxético.

 

Campo no que xoga o Río Sil.

 

Entre as melloras previstas nos dous campos vaise mellorar o terreo de xogo cun tratamento específico para eliminar malas herbas, con escarificado do terreo e sementado. Por outro lado, vanse colocar novos bancos para os xogadores e farase a instalación de alumeado LED de última xeración, tanto no exterior como no interior das distintas instalacións. Tamén serán colocadas bombas de calor para substituír os termos eléctricos, o que suporá mellores prestacións e menor consumo.

O rexedor, Luis Fernández Guitián, destaca que se trata dunhas obras “necesarias” que amosan o compromiso do Goberno local co deporte e cos equipos de fútbol de Sober.

Artigos relacionados

Back to top button