Galerías de fotosÚltima hora

Ofrenda floral a Clara Campoamor na praza que leva o seu nome no Barco

Dentro dos actos que ao longo desta xornada de 8 de marzo se están a desenvolver en Valdeorras con motivo da celebración do Día Internacional da Muller estaba unha ofrenda floral que se realizaba ás sete e media da tarde na praza Clara Campoamor no Barco.

Numerosas persoas con flores sumábanse a este acto, organizado pola Asemblea Feminista de Valdeorras. No seu decurso realizabase unha representación e tamén lembrábase a figura de Campoamor. Ademais poñíase de manifesto que son poucas as rúas do Barco que levan nome de muller, en comparación coas adicadas a homes. Despois, os asistentes trasladábanse á praza do Concello do Barco.

Fotos: A.R.

Artigos relacionados

Back to top button