CulturaCulturaÚltima hora

A ofrenda fundacional dun túmulo megalítico de Muíños, peza do mes do Museo Arqueolóxico

A presentación será o 19 de outubro ás 20h. na sala da exposición “Escolma de Escultura” en San Francisco (Ourense)
A ofrenda fundacional do túmulo M5 de Outeiro de Cavaladre (Muíños)./ Foto: Fernando del Río.
A ofrenda fundacional do túmulo M5 de Outeiro de Cavaladre (Muíños)./ Foto: Fernando del Río.

Dentro do grupo de pezas localizadas durante as escavacións da necrópole megalítica “Outeiro de Cavaladre”, situada no val de Salas (Muíños), figuran dous recipiente cerámicos e unha punta de frecha. O seu interese fronte ao resto de elementos, radica “no seu potencial significado de ofrenda fundacional dun monumento ao que pola súa tipoloxía, unha pequena cista rectangular, se lle vén atribuíndo a función de inhumación individual”, segundo o arqueolólogo José M. Eguileta Franco, membro do equipo que realizou a escavación.

Esta ofrenda fundacional vén de ser escollida polo Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense como “Peza do Mes” de outubro. Será presentada o vindeiro mércores 19 de outubro ás 20.00 h na sala da exposición “Escolma de Escultura” en San Francisco (Ourense). A exposición correrá a cargo de Eguileta Franco, autor tamén da publicación realizada sobre esta peza polo museo.

Unha das formas cerámicas desta singular ofrenda estaba apoiada no interior da outra, e dentro da primeira había unha punta de frecha. “Ademais, a situación, xusto baixo a coiraza fai que a interpretemos como unha deposición intencionada no decurso da edificación do monumento, o que nos situaría moi probablemente ante unha ofrenda fundacional”, en palabras de Eguileta.

Artigos relacionados

Back to top button