ConcellosÚltima hora

Oímbra recupera a Semana Santa

Despois de trinta anos, a parroquia celebrará de novo os tradicionais cultos entre o 24 e o 27 de marzo
O párroco de Oímbra, o Bispo de Ourense e a alcaldesa de Oímbra na presentación.
O párroco de Oímbra, o Bispo de Ourense e a alcaldesa de Oímbra na presentación.

Despois de trinta anos, a parroquia de Oímbra celebrará a súa Semana Santa tradicional. Así o aseguraba o párroco, Raúl Alfonso González, na presentación que tiña lugar na mañá do 15 de marzo no Centro Cultural “Marcos Valcárcel” da Deputación de Ourense, á que tamén asistiron a alcaldesa de Oímbra, Ana María Villarino e o bispo de Ourense, Monseñor Leonardo Lemos.

“A Semana Santa estivo sen celebrarse en Oímbra cerca de 35 anos” dixo a alcaldesa, sendo hai dous anos “coa chegada de D. Raúl, cando iniciamos as conversas da recuperación deste evento relixioso e cultural no noso Concello”. Unha iniciativa que os veciños acolleron con entusiamo e que en menos de dúas semanas será unha realidae.

Tal como adiantou o párroco na presentación, na Semana Santa de Oímbra teñen o seu espazo, dignamente preparadas e celebradas as principais celebracións destes días: A Misa da Cea do Señor no Xoves Santo, a Paixón do Señor no Venres Santo e, sobre todo, a Vixilia Pascual na noite do sábado. Cultos aos que se unen “na piedade e na tradición secular deste pobo outras procesións e celebracións que manteñen o clima especial destes días”, dixo o sacerdote. Son a procesión dos Penitentes, na noite do xoves no interior da igrexa parroquial; a procesión do Santo Encontro, no mediodía do Venres Santo; e o Desencravo e procesión do Santo Enterro na tardiña do venres.

Artigos relacionados

Back to top button