ConcellosÚltima hora

Oímbra rende culto ao pemento

A XX edición da festa gastronómica tiña lugar o 6 de agosto

O pemento de Oímbra “é un produto clave da nosa gastronomía provincial” e o éxito desta celebración gastronómica débese “ao traballo levado a cabo desde o concello, a calidade do produto e o traballo dos agricultores e de todas as persoas implicadas neste evento, que fan desta festa, unha das celebracións gastronómicas máis importantes de Galicia”. Así o aseguraba o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, na inauguración da XX edición da Feira do Pemento de Oímbra, festa declarada de Interese Turístico de Galicia que, por primeira vez, envasa e comercializa o pemento baixo o amparo da Indicación Xeográfica Protexida (IXP).

O programa de actividades comezaba no mediodía do domingo 6 de agosto co concurso de pratos de cociña onde o pemento foi o ingrediente principal. Posteriormente, publicarase un receitario que incluirá tódalas recetas participantes no certame. A xornada estivo amenizada coa a actuación da charanga Nova Terras de Trives. A partir das 14 horas celebrouse a comida popular amenizada pola Discomobil “DJNESS” e xa pola tarde, actuaron a orquestra Ritmo Joven e Pili Pampin.

Paralelamente, houbo actividades para os máis cativos e degustación gratuíta de pementos ao longo de toda a xornada, coa presenza de stands gastronómicos, artesanía e actividades relacionadas co mundo agrario.

Artigos relacionados

Back to top button