SanidadeÚltima hora

Oito novos brotes de Covid na provincia

Catro deles están en Ourense e os catro restantes en Oímbra, Verín, Vilamarín e Leiro, segundo Sanidade

 

Ata oito novos brotes de coronavirus vén de confirmar a Consellería de Sanidade na provincia de Ourense nesta xornada. Dous deles están na comarca de Monterrei. Trátase dun brote en Oímbra de orixe familiar con 3 afectados (2 homes de 84 e 60 anos e unha muller de 84 que está ingresada) e doutro en Verín, tamén de orixe familiar, con 4 casos: 2 homes de 53 e 24 anos e 2 mulleres de 44 e 17 anos.

Ademais hai catro novos brotes no concello de Ourense. Un de 9 casos, con orixe nun encontro amigos, segundo Sanidade. Afecta a 5 homes de 25, 26, 23, 23 e 36 anos e 4 mulleres de 25, 25, 24 e 28 anos. Outro dos brotes ten  3 casos, tamén con orixe encontro amigos: tres mozos de 23, 18 e 16 anos.

Outro dos brotes de Ourense, de orixe social e familiar, ten 8 positivos: 6 mulleres de 43, 47, 35, 59, 62, 94 anos un home de 46 anos e un menor. E o cuarto brote comunicado por Sanidade en Ourense rexistra 5 casos. Ten orixe social e familiar e afecta a 3 homes de 54, 54 e 55 anos e a dúas mulleres de 51 e 34 anos.

Tamén se vén de notificar un brote familiar en Vilamarín, que afecta a un home de 40 anos e a dúas mulleres de 70 e 40 anos; e outro, tamén con orixe familiar, en Leiro con catro casos: un home de 43, unha muller de 33 e dous menores

Por outra banda, o brote actualizado o venres a 6 persoas ascende agora a 8, ao detectarse outros dous positivos: unha muller de 61 anos e un menor. Establécese a súa orixe social, segundo Sanidade.

En todos estes brotes segue “activo o seguemento dos seus contactos estreitos. De novo lembramos a importancia de respectar as medidas de prevención, especialmente en xuntanzas e celebracións, principal orixe dos gromos que se están a detectar na nosa provincia”, tal e como sinala a Consellería de Sanidade.

Artigos relacionados

Back to top button