CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Once grupos participarán na edición máis numerosa dos Cantos de Taberna de Quiroga o 9 de marzo

As Macizas Centrais de Trives tocarán en Quiroga./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

Once grupos participarán este sábado na VII edición dos Cantos de Taberna. Trátase da edición con máis grupos participantes de todas as realizadas, que contará ademais cun remate de festa na praza da rúa Lago cos regueifeiros Luís “O Caruncho” e Bieito Lobariñas”.

O pasado luns pechábase o prazo para realizar as inscricións e esta semana trabállase na elaboración dos horarios e recorrido que terá que facer cada grupo participante. Os grupos inscritos veñen dende diversos puntos da provincia de Lugo e da de Ourense. Foliada de Bosende (Bosende), Son do Mao (Bóveda), O recanto (Quiroga), Estoupafoles (Pobra de Brollón), Corenta e Chinco (Pobra de Brollón), Minestrales (Monforte de Lemos), Abertal da Rúa (A Rúa), Macizas Centrais (Trives), Eí os veñen (Ourense), Os Tarabelos (O Saviñao) e Nubeiro Son Galego (Lugo).

 

Abertal da Rúa./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

Unha das novidades que se puxo en marcha o pasado ano e que se mantén este é que se entregarán 150 € a cada grupo participante para que gaste nos establecementos aos que acuda, os establecementos participantes pola súa banda, comprométense a ter a disposición dos grupos tapas ou pinchos.

Está previsto que antes do comezo se reúnan os grupos para darlles o itinerario do recorrido, a actuación en cada establecemento roldará a media hora e rematarase pasada a media noite cunha gran foliada que abrirá o grupo Regueifeiros.

Artigos relacionados

Back to top button