OurenseÚltima hora

A “Operación Quilo” de Amencer consegue xuntar case 22 toneladas de alimentos

Tamén conseguiron recadar case 6.000 euros de doazóns que os destinaron a alimentación
Caixas de recollida de alimentos.

A “Operación Quilo” levada a cabo en Ourense pola Asociación Xuvenil Amencer conseguiu xuntar case 22 toneladas de alimentos entre o 24 de novembro e o 21 de decembro. Case un mes recolectando alimentos a través de eventos deportivos, establecementos, supermercados e entidades como o Concello de Ourense ou a Confederacion Empresarial de Ourense (CEO). En concreto foron 293 comercios os que participaron e 40 supermercados e recolléronse 42 carriños de comida.

Asemade, tamén recolleron un total de 880 quilos de xoguetes e 8.050 quilogramos de roupa. En canto aos cartos recadados a través dos petos instalados nas perruquerías e centros de estética, conseguiron unha recadación de case 6.000 euros, que, segundo informaron dende Amencer, investíronse en alimentación.

En total, dende a Operación Quilo de Amencer colaborouse con 16 Cáritas Parroquiais e dende elas atendéronse a 1.020 familias que conforman un total de 3.191 persoas.

Dende Amencer comunicaron o seu agradecemento “en nome de todas as familias desfavorecidas de Ourense” a todos os que fixeron a súa colaboración nesta campaña da Operación Quilo 2017. “Grazas ás achegas destinadas de moitos ourensáns púidose levar a cabo”, reiteran.

Artigos relacionados

Back to top button