Na mañá deste mércores 7 de agosto levábase a cabo no CHUO unha preciosa actividade para nenos e nenas de 9 anos do campamento urbano de Amencer, en Ourense.
En horario de 11 a 13 horas e impartido por moitos profesionais sanitarios e non sanitarios, os cativos desfrutaron de obradoiros de saúde na azotea saudable do hospital, visitando tamén a cociña do centro.