ConcellosO BarcoÚltima hora

Orde.Caos comeza a darlle forma e cor ao mural da praza das Airas do Barco

 

O artista vilamartinés Orde.Caos comezaba esta mañá a traballar no novo mural co que contará en breve a praza das Airas, na zona vella do Barco. As cuadrículas que realizaba a primeiros desta semana comezaban a cubrirse con trazos e, posteriormente, con formas e cores.

Deste xeito empeza a cobrar vida este mural, unha iniciativa do Barco Centro Comercial Aberto, en colaboración co Inorde, que busca en poñer en valor os sectores económicos desta zona, e dun xeito espcial, ao comercio e á hostalaría.

Hai apenas unhas semanas, Orde.Caos remataba tamén outro mural na vila, nunha zona próxima á praza das Airas, en concreto na rúa Florencio Delgado Gurriarán. Era ademais unha obra dedicada a este poeta vilamartinés ao que se lle dedicaban este ano as Letras Galegas.

Fotos: A.R.

Artigos relacionados

Back to top button