ConcellosÚltima hora

O “Oren Expres” volve gañar o premio do xurado do concurso de pinchos de Barbadás

Este ano, como novidade, incluíronse catro accésits para os mellores pinchos sen glute e para o pincho doce

O concurso de pinchos “Barbadás a Bocados” xa ten gañadores. O acto de entrega dos galardóns celebrouse hoxe, 26 de setembro, no Salón de Plenos do Concello de Barbadás. O “Oren Express” co seu pincho “Extralido” volveuse facer co premio do xurado, que este ano estaba presidido polo gañador de Masterchef España, Jorge Brazalez.

Por outra banda, o premio do público, con 108 votos dun total de 538, foi a parar para “A cova do sabio” que presentou o seu “Pincho Sensación”. Ambos os dous gañadores, tanto o premio do xurado como o do público recibiron un cheque por valor de 150 euros.

Pero este ano, como novidade, “Barbadás a Bocados” incluíu varios accésits, en concreto catro: tres para o pincho sen glute e outro para o doce . Así, os establecementos “Acades”, “Dos yemas” e “A Botica” conseguiron os premios ao mellor pincho sen glute. Pola súa banda, o doce foi para a cafetería “A Ibense”.

Os premios foron entregados polo alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel; a concelleira de Comercio, Marga Pérez; o gañador de Tapas de Galicia 2016, xerente do Gastrobar San Miguel de Ourense e membro do xurado profesional, Miguel González e os expertos gastronómicos, bloggers e e membros do xurado, Luis Oliveira e Pilar López.

Fotos: Carlos Asensio.

 

Artigos relacionados

Back to top button