
A base do CD Rúa segue dando alegrías ao club amarelo. Na xornada deste sábado 3 de abril o equipo alevín celebraba cos seus adestradores a clasificación para o campionato galego.
Falta un partido para que remate a liga pero o equipo que compite na Primeira Futgal Ourense clasificábase matematicamente para o Galego trala vitoria desta tarde ao terceiro clasificado, o CD Velle, por 0-2.
O equipo que levan Luis Ferrer e Barba van segundos na clasificación, sumando un total de 68 puntos, con 22 vitorias, 1 empate e 6 derrotas en 29 partidos.
Foto e vídeo cedidos.



