Na mañá deste xoves 23 de marzo o salón de actos do IES Lauro Olmo do Barco de Valdeorras acollía un acto moi especial, un desfile de peiteados.
Diante de todo o centro, o alumnado de Imaxe Persoal, tanto de Basica como de Ciclo Medio, amosaba con orgullo as súas propias creacións, un traballo conxunto exhibido diante de familiares e amigos pero tamén alumnado do centro.
Tal como explica o xefe do departamento, Manuel Graña, traballan moito a diversidade e a multiculturalidade. “Temos alumnos de Marrocos, de Palestina, de Portugal,… polo que queriamos traballar as difeferentes nacionalidades, culturas, relixións polo que no desfile había mozos con saia, mozas co pelo curto, peiteados con brillo e fantasía de todos os tipos e traballado de forma conxunta”.
O espectáculo contou tamén cunha actuación musical a cargo de Erick Black, tamén alumno do instituto barquense.
Fotos e vídeos: Carlos G. Hervella.