CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

Os alumnos do colexio de Vilamartín asisten a unha interesante e didáctica charla sobre Ruíz de Padrón

 

O irmanamento entre o Concello de Vilamartín de Valdeorras e o de San Sebastián de la Gomera está máis preto que nunca.

Un mes despois de que o director xeral de Ordenación e Promoción Turística de Canarias Ciprián Rivas visitara Valdeorras e máis concretamente o municipio de Vilamartín para avanzar sobre o irmanamento, o CEIP Xosé Manuel Folla Respino acollía unha charla para dara a coñecer aos nenos de Primaria a figura do clérigo e político Antonio Ruíz de Padrón, abade de Vilamartín e deputado nas Cortes de Cádiz, nexo de unión entre ambos territorios (naceu en San Sebastián e morreu en Vilamartón, onde foi soterrado).

A interesante e didáctica charla que os cativos seguiron con atención foi organizada polo Instituto de Estudos Valdeorreses en colaboración co Concello de Vilamartín de Valdeorras e foi impartida polo Membro de Mérito do IEV, Antonio Castro Voces e polo escritor e antigo profesor do centro, David Vázquez.

No acto tamén estaba o alcalde de Vilamartín, Enrique Álvarez, e o presidente e a vicesecretaria do IEV, Aurelio Blanco e Sherezade Núñez.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button