CulturaCulturaEducaciónÚltima horaVídeos

Os alumnos do colexio San Pablo VI-Fátima da Rúa celebran o Día das Letras Inglesas, dende a casa

Estudantes de 6º de Educación Primaria recrearon o libro "Around the World in Eighty Days"

 

Un ano máis o alumnado do colexio San Pablo VI-Fátima da Rúa recrea o English Word, un día adicado ao inglés na Biblioteca Municipal que este ano non puderon celebrar alí por culpa do coronavirus, apostando polas plataformas dixitais.

Nesta ocasión a actividade, coordinada pola profesora de inglés Rocío Illesca, tiña lugar os días 9 e 10 de xuño, e en lugar de achegarse ata a biblioteca como edicións anteriores, fixérono por videoconferencia dende o colexio e as casas. Coa axuda dos pais, os estudantes de 6º de Educación Primaria recrearon coas súas fotos e vídeos, o libro Around the World in Eighty Days co que xa traballaran na segunda evaluación nas clases presenciais que quedaron interrompidas pola pandemia a mediados do mes de marzo.

As fotos e vídeos publícanse nas redes sociais do colexio, tanto en Facebook como en Instagram co agradecemento da profesora polo “esforzo para facer posible nestes momentos a celebración, un ano máis, do noso día adicado ao inglés”, di Rocío.

 

Celtia.

 

Elena.

 

Dani.

 

Iago.

 

Zoe.

 

Sergio.

 

Álex.

 

Mario.

 

Cintia.

 

Carla.

 

Hamsa.

 

Melina.

 

Sheila.

 

Fotos e vídeo cedidos.

Artigos relacionados

Back to top button