ConcellosO BoloÚltima horaVídeos

Os antigos alumnos das Ermitas (O Bolo) recuperan a súa xuntanza anual no santuario

 

Xornada de reencontros e moitas lembranzas para os antigos estudantes do Seminario Menor das Ermitas (O Bolo). Neste venres 28 de xullo volvían xuntarse no mesmo lugar no que estudaban décadas atrás: o santuario bolés. Así retomaban, tres anos despois, un encontro anual organizado pola Asociación de Antigos Alumnos das Ermitas, que se vía interrompido dende o 2020 por mor da pandemia.

 

 

Unhas 23 persoas asistían a esta xuntanza que comezaba arredor das 11:30h. Despois, ás 12h. tiña lugar unha misa na igrexa do santuario oficiada por dous sacerdotes: Lisardo Paradelo, párroco de Petín e de Fontei (A Rúa), e Adolfo Rodríguez “Sitos”, sacerdote que está en Ponferrada e que pronunciaba un fermoso sermón. Ademais na eucaristía exercían como monaguillos Blas Eceiza e José Vega.

 

 

Despois da celebración relixiosa que concluía coa interpretación a dúas voces do canto “Toma Virgen pura”, os asistentes compartían un xantar no antigo seminario, en concreto no salón de actos, cun catering do Bolo que incluía entremeses, empanada, tortilla, bica, bebidas, cuturrús e augardente de herbas.

Ademais, no encontro confirmábase a continuidade da actual directiva, que preside José Vega e cuxo tesoureiro-secretario é Suso Prieto.

Fotos e vídeo: Carlos G. Hervella.

 

Artigos relacionados

Back to top button