



















































A partir das 11h. deste domingo 12 de novembro comezaban a darse as saídas dende a Ponte do Milenio, en Ourense, dunha multitudinaria 46ª Carreira Pedestre Popular do San Martiño. Os primeiros en poñerse a correr eran os absolutos (10 km), ás 12:30h. principiaba a carreira escolar (5 km), para as 13:30 horas está previsto que comece a carreira infantil (1,4 km) e, xa ás 14:40h. a carreira inclusiva (1,4 km).
Entre os participantes había presenza valdeorresa, entre ela do Adas Cupa e do Club Atletismo Rúa, e tamén das Terras de Trives. Numerosas persoas seguían a carreira dende diferentes puntos da cidade, animando aos corredores.
Fotos e vídeos: Carlos G. Hervella.
12 de Novembro de 2023