En portadaGalerías de fotosÚltima horaVídeos

Valdeorreses entre os máis de 8.000 atletas que participaban nesta edición da carreira do San Martiño

O atleta marroquí Mohamed O Ghazouany proclamábase campión e batía un novo récord

 

Moi numerosa, festiva e rápida. Así era a 46ª edición da Carreira Popular Pedestre do San Martiño celebrada na mañá deste domingo 12 de novembro polas rúas da cidade de Ourense.

 

 

Unha carreira que reunía a máis de 8.000 persoas entre as catro carreiras (absoluta, escolar, infantil e inclusiva) na que coma sempre destacaba a presenza de atletas das Terras de Trives e sobre todo Valdeorras (do Club Atletismo Rúa, do Adas Cupa, do Bolo,…).

 

Podio masculino.

 

Co rosa como color estrela nas camisetas desta edición, os primeiros en saír eran os 2874 inscritos na carreira absoluta, na que se batía un novo récord. O atleta marroquí Mohamed O Ghazouany proclamábase campión cun tempo impresionante: 00:28:42, o máis rápido na historia da proba. O corredor do Club Atletismo Narón non foi o máis veloz ao paso polos 5 quilómetros. O premio especial de 300 euros levouno Peter Kariuki, que en meta quedou segundo cun tempo de 00:28:45. Foi no último quilómetro cando O Ghazouany despegouse de Kariuki e alzouse coa vitoria. O terceiro posto foi para Ayad Lamdassem Mouchcine con un tiempo de 00:29:58.

 

Podio feminino.

 

Na categoría feminina, a atleta viguesa Ester Navarrete alzouse coa vitoria cun tempo de 00:33:50. Tamén foi a máis rápida no primeiros cinco quilómetros. Completaron o podio, Nouhaila O Gazouir (00:34:30) e Edymar Daniely Brea (00:34:30).

 

Valdeorreses vendo a carreira./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Cunha temperatura que rozaba os 20º, trala carreira absoluta de 10 quilómetros, saía a escolar de 5 con 2.605 inscritos. Despois tocáballe o turno á infantil con 2.066 e por último á inclusiva, con 1.454 inscritos.

 

 

Fotos e vídeos: Mónica G. Bellver.

Os atletas da 46ª Carreira Popular do San Martiño toman a cidade de Ourense

Artigos relacionados

Back to top button