DeportesÚltima hora

Os atletas das Escolas Deportivas de Trives estrean a tempada na xornada de Xogade no Barco

 

No Barco comezaba a tempada para os atletas das Escolas Deportivas de Trives. Esta tarde participaban na xornada de promoción de atletismo ao aire libre Xogade en Valdeorras, que se celebraba nas pistas de atletismo de Calabagueiros.

Na cita participaban unha decena de atletas, xunto ao seu adestrador, Tino Sierra. Así competían os infantís Marcos Basalo e Aitor García; as alevíns Ana Basalo, Itziar Cid, Alejandra Prieto, Ainhoa Pérez, xunto a Martín Rodríguez e Antón Prieto. Tamén participaban nesta cita os benxamíns Bianca Corina e Adrián Pérez.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button