DeportesÚltima hora

Os atletas Leticia Gil e Carlos Revuelta, dous segundos postos na Liga de División de Honra

O atleta Carlos Revuelta.( Cedida.

 

Bos resultados para os valdeorreses Leticia Gil e Carlos Revuelta na segunda xornada da Liga de Clubs de División de Honra que se está a disputar nesta fin de semana en diferentes sedes. O primeiro en competir era o lanzador de martelo barquense, que viste a camiseta da A.D. Maratón. Facíao o sábado 15 de maio en Soria, onde quedaba segundo en martelo 7,260 kg cunha marca de 61,99 m. Ademais competía no disco  2 kg, logrando unha sétima posición e un rexistro de 37,22 m.

Xa na mañá deste domingo 16 de maio era a quenda de Leticia Gil (Playas de Castellón), natural de Viladequinta (Carballeda de Valdeorras), quen en Castellón quedaba tamén segunda na proba do salto de lonxitude cun salto de 6,26 m, só superado polo de Milena Mitkova, do seu mesmo club, cun rexistro de 6,26 m.

 

Leticia Gil, nunha competición anterior./ Cedida.

Artigos relacionados

Back to top button